Ramón Piñeiro López, intelectual e político galeguista.
Ramón Piñeiro López
2009
Categoría: Galeguista, filósofo e activista político-cultural
Data de nacemento: 31 de Xullo de 1915 (Agosto de 1990)
Lugar de nacemento: Armeá - Láncara (Lugo)
OBRAS REALIZADAS:
Nos anos 50 publica varios ensaios, como "Significado metafísico da Saudade" (1951), "A saudade en Rosalía" (1952), "Para unha filosofía de saudade" (1953).
Invitado por diversas universidades participa en congresos, coloquios e conferencias.
En 1984, estas obras foron integradas con "A Filosofía e o Home" e "Saudade e Sociedade" nun só volume baixo o título "A Filosofía da Saudade".
En 1951 traduce ó galego con Celestino Fernández de la Vega, o "Cancioneiro da Poesía Céltica" de Julius Pokorny.
En 1956 publican en Galaxia a conferencia "Von Wessen der Wahrkeit" de Martin Heidegger baixo o título galego "Da esencia da verdade".
CURRÍCULUM:
Estuda o bacharelato en Lugo e despois regresa a Armeá, onde permanece ata 1930.
A lectura de El Pueblo Gallego esperta nel un grande interese polo movemento político e cultural de Galicia.
En 1932 regresa a Lugo e se relaciona con xoves galeguistas lucenses.
En 1933 asiste ás Asembleas do Partido Galleguista, celebradas en Santiago e coñece a Castelao, Alexandre Bóveda e outros.
En 1936 é elixido secretario do Comité Provincial para o plebiscito do Estatuto de Autonomía.
Co comezo da guerra civil presentáronse varias denuncias contra el, pero o azar e a axuda dalgunhas persoas fixeron que non fose detido.
Logo incorporouse a filas.
Acabada a Guerra, comeza os seus estudos universitarios en Santiago.
En 1943 participa clandestinamente na reorganización do galeguismo e viaxa a París, onde permanece exiliado o goberno republicano.
Ó volver de París é detido en Madrid e condenado a 6 anos de cárcere.
En 1950 fundou en Santiago a editorial Galaxia da que Ramón Piñeiro sería o director.
En 1967 ingresa na Real Academia Gallega co importante discurso "A lingoaxe i as lingoas".
En 1983 convértese no primeiro Presidente da Cultura Galega.
Un material moi útil para traballar este autor en E. Infantil, Primaria e Secundaria é este:
MATERIAL DO SEMINARIO GALÁN http://www.seminariogalan.org/
Un material moi útil para traballar este autor en E. Infantil, Primaria e Secundaria é este:
MATERIAL DO SEMINARIO GALÁN http://www.seminariogalan.org/
Ningún comentario:
Publicar un comentario