- Dotar aos pais/nais de estratexias para que seleccionen os libros para os seus fillos.
- Dar pautas para que disfruten da lectura en familia.
- Iniciar ou continuar a biblioteca familiar.
- Fomentar o uso da Biblioteca do colexio.
- Dar a coñecer os personaxes máis queridos dos contos e os máis recoñecidos.
Na primeira sesión Oliva, a titora de cinco anos, presentou un powerpoint titulado: MAMÁ, PAPÁ, cóntamo outra vez ...
Jose Fresco, psicólogo e pai, falou da importancia da lectura. Hai moitas razóns para ler:
- Enriquece o pensamento.
- Mellora os resultados académicos.
- Divírtenos.
Animou ás nais a compartir consellos entre elas para conseguir que os nenos/as lean.
Pero sobre todo os adultos deben facer de modelos. Se na casa non hai libros, revistas, contos, periódicos é moi dificil que lean os nenos/as.
Á hora de mercar contos: consultar co neno, co profesorado, cos libreiros.
Compartir as lecturas. Os fins de semana pais e fillos ir xuntos mercar o xornal e os nenos que merquen a súa revista.
Noutras sesións comparamos contos de distintas editoriais fixándonos tamén nas ilustracións.As nais contaron anécdotas referidas aos seus fillos/as:
- Inés colócanos a todos para lernos o conto e dinos:"caladiños..." (Mamá de Inés)
- María non ensinaba na casa o conto que traía da escola pensando que llo íbamos a facer ler pero cando notou que non a agobiábamos coa lectura empezou a sacalo da mochila e querer lelo. (mamá de María)
Cristina, profesora de teatro veu a contar un conto e díxonos que hai que sentir, transmitir a verdade.
Por último Pilar informou das posibilidades do noso portal web, que podemos facer uso dos recursos electrónicos do Proxecto Meiga como usuarios da biblioteca do centro, donde atoparemos moita información, recursos, revistas ....
MAMÁ, PAPÁ, cóntamo outra vez ...
6 comentarios:
Esto si que é unha presentación se tivera que poñer nota sin dubida sería de matrícula, traballaches un montón para intentar reflexar con detalle todo o que significou este obradoiro, gracias adicarlle tanto tempo.
Gracias polo comentario, alégrome de que che gustara, seguro que quedaron moitas cousas sen poñer, intentei facer un resume de todo o que fixemos.
Grazas Ángeles polo apoio permanente a todo o que se fai dende a Biblioteca, grazas por compartir con nós tanto bo facer, grazas por poñer tanto entusiasmo na nobre profesión de mestre, por estar sempre a última e compartir os teus coñecemntos co resto.
Canto disfrutei e aprendín neste obradoiro con Jose, con Cristina con todas as nais e pais e con todos os compañeiros,isto é só un comezo por suposto o próximo curso imos continuar
Pilar, a ti si que che temos que estar agradecidos por conseguir e manter esta Biblioteca, donde as profes de Infantil e doutros ciclos atopamos tantos recursos para as nosas clases: as mochilas viaxeiras, información para os proxectos, os contos que van saíndo das distintas editoriais... Temos que estar orgullosos da nosa Biblioteca e usala todos cada vez máis!.
Creo que a presentación reflexa fielmente o que se traballou no obradoiro.Foi unha pena que non recolléramos máis comentarios das mamás, que estaban moi ben,pero non hai tempo para todo. Creo tamén que Jose estivo moi acertado, pouco hai que dicir da voz dulce de Oliva, encantoume o último día ver como os nenos e nenas se ían acercando a Cristina e foi espectacular o esforzo dos pais e nais vencendo a vergoña e sacando adiante un conto tan bonito.Oxalá se sigan facendo máis cousas como esta.Noraboa a todos
Publicar un comentario