26 de outubro de 2011

Preparando o Samaín

Hoxe despois do patio os nenos e nenas de Educación Infantil de catro anos fomos decorar a biblioteca coas nosas pantasmas. Alí estaban os nenos e nenas de tres anos que tamén fixeron os seus debuxos para decorar a Biblioteca. A profe Oliva contou un conto: "Raquel ten medo" Raquel está na cama e non dá durmido. Mira para a fiestra e ve nela un monstro grande que quere levala...

1 comentario:

Ana dixo...

Que bonitiña vos está quedando a biblioteca ainda que son tan boas aportacións non é nada raro. Un saúdo.