27 de marzo de 2012

Club de debate 2012



Parabéns aos nosos alumnos e alumnas de 4ºde ESO : Claudia, Edgar, Marina, Natalia, Pablo, Pilar e Xulio e ao seu coordinador Yago que participaron no Club de debate esta fin de semana e que conseguiron clasificarse para a final. Regalamoslles dende a biblioteca o poema de K. Kavafis porque o que estan vivindo coa preparación dos debates é " unha fermosa viaxe" un camiño cheo de experiencias e coñecemento"





Se fores iniciar a viaxe cara a Ítaca
roga que o teu camiño sexa longo,
rico en experiencias, en coñecemento.
A lexistróns e a Cíclopes
ou ao irado Poseidón xamais temas,
seres quen non has atopar no teu roteiro
se alto for o teu pensamento e limpa
a emoción do teu espírito e do teu corpo.
Nin lexistróns nin Cíclopes
nin ao fero Poseidón acharás nunca,
se non os levares dentro da túa alma,
se non for a túa alma quen ante ti os pon.

Roga que o teu camiño sexa logo,
que inúmeras sexan as mañás do verán
en que con pracer, felizmente
arribes a baías xamais antes olladas;
demórate nos emporios de Fenicia
e adquire fermosas mercadorías.
madreperla e coral, ámbar e ébano,
exquisitos e variados perfumes,
en perfumes voluptuosos e delicados inviste canto puideres;
visita moitas cidades de Exipto
e insaciable aprende dos seus sabios.
Preserva sempre na memoria Ítaca
o teu destino está nela.
Pero non apresures a viaxe .
Que ela se prolongue polos anos
e na túa vellez arribes á illa
cos bens que no pasado recadaches
sen agardar que Ítaca te enriqueza.
Ítaca regalouche unha fermosa viaxe.
Sen ela non terías iniciado o camiño.
Mais ningunha outra cousa che pode dar.
Aínda que pobre a encontrares Ítaca non te enganou.
Conforme rico en saber e en vida regresaches
así comprendes que significan as Ítacas
K. Kavafis







2 comentarios:

Teachers dixo...

Noraboa a estos alumnos e ao seu profesor Iago polo traballo ben realizado. A súa clasificación demostra unha vez máis que o esforzo e a dedicación ao final teñen recompensa. Moito ánimo e a seguir así!

Teachers dixo...
Este comentario foi eliminado polo autor.