Os libros gustan da viaxe e da sorpresa, agardan nos andeis ou nos expositores por esa man que, ao abrilos, poña en funcionamento a maxia da lectura.
A mochila é o soporte que permite aos rapaces e rapazas levar á súa casa, en préstamo temporal, uns materiais que reforcen o vínculo entre familia e escola na súa labor común para a formación dos lectores máis novos.
Así que un curso máis a mochila viaxeira sae da BIBLIOTECA cara as casas do alumnado. ¡Que o drisfutedes!A Xulián encantoulle este conto que ía na mochila.
Mirade que ben o conta!
1 comentario:
Dá gusto ver a Xulián contar o conto .Nas xornadas de biblioteca descubrimos que cando hai emoción na lectura o cerebro comportase diferente . Xa o sabíamos pero é bo que a ciencia nos dea a razón .A seguir pois tratando de que a lectura sexa emoción, divertimento ,gusto. moi ben polo alumno e pola profe.
Publicar un comentario