19 de setembro de 2014

HELENA VILLAR JANEIRO

O curso pasado a derradeira nova do noso blog facía referencia a esta escritora galega nada en Becerreá (Lugo).E agora, ao comezar este curso, de novo temos que falar dela e con moita satisfación posto que hoxe tivemos o inmenso pracer de contar coa súa presenza na biblioteca do noso colexio. Non podíamos comezar mellor!
Veunos presentar o seu novo libro AS SEÑORAS COUSAS, leunos algúns dos seus poemas e contounos historias que nos encantaron.
Agradecémoslles moito a Helena e a Xesús Rábade Paredes, o seu home e tamén gran escritor, a súa visita!




Lembrade que na nosa biblioteca temos moitos dos libros desta entrañable escritora galega: "Raúl", "Un rato na casa", "As señoras cousas",Viaxe a Illa Redonda, Don Merlo con chaqueta, A voda do papá, A cidade de Aldara, o enterro da galiña de Domitila Rois,...

Ningún comentario: