15 de xaneiro de 2008

COMPARTIR LECTURAS

O MELLOR AGASALLO: Compartir a lectura dun libro
Estimados pais e nais:
Gustaríanos que neste Nadal compartísedes a lectura dalgún libro cos vosos fillos e fillas. Este ano poderiades ser vós os que pedísedes a Papá Nöel ou aos Reis Magos un libro que servise tanto para vós coma para eles. Non lles regaledes o libro só a eles, regaládevolo a vós mesmos e, por favor, non opoñades os libros ás cousas que eles piden, o libro sempre á parte. Tédelles libros, lédeos e compartídeos con eles: ese será un regalo para a vida. Acercádelles ese mundo, pero acercádevos primeiro vós. A mellor maneira de contaxiar o gusto pola lectura é este. Todos sairedes gañando. Sabemos que moitos o facedes, pero gustaríanos que ocorrese en tódalas casas. Ímosvos propoñer nós algunhas lecturas.

A PARTIR DE TRES ANOS:
Contos de Andersen.Edicións Xerais Está a saír unha colección de vídeos dos contos de Andersen con El País os domingos. Mirade algún con eles e despois lédelles o conto, que vos vexan os outros días lendo. Espertade a súa curiosidade contándolles algo do que pase….
PEQUECHOS. Factoría K de Libros. Xogade con eles ás adiviñas. É unha colección preciosa que nos descobre os animais: vaivos sorprender!
Os bolechas queren saber como nace un neno. (A Nosa Terra) Un libro precioso como tódolos de Pepe Carreiro, que explica con moita sensibilidade o misterio do nacemento dun neno.

A PARTIR DE OITO ANOS:
A Odisea Edit. Rodeira. Libro precioso para inicialos na mitoloxía.
O Estanque dos parrulos pobres. Ed. Edebé. Unha relación entre un avó e a súa neta chea de ternura. Non pararedes de rir.
Camuflaxe animal, Terras polares…Baía Edicións .Investigar, aprender, xogar…

A PARTIR DE DOCE ANOS:
John Boyne. O neno do pixama a raias. Editorial narrativa K. Estou segura de que moitos o lestes pero, se non foi así, non o perdades.
Philip Pullman. A aurora boreal. Factoría K de libros. ¿Por que non acompañalos a ver a película La brújula dorada, e despois compartir a lectura do libro no que está inspirada.
Cornelia Funke. Corazón de Tinta, Edit. Siruela. Non debera de faltar en ningunha casa.
Mark Haddon. El curioso incidente de un perro a medianoche. Ed. Quinteto.

Ata o 2008 e boas festas!

Ningún comentario: