29 de xaneiro de 2008

PAZ, PAU, PAIX, MIR, PEACE, BAKE, SHANTI, FREDE, NEEDED...

Mañá é o Día da Paz. Desde hai días as bibliotecas escolares galegas colaboramos pola primacía desta, tentamos lembrar á sociedade que é a palabra a que debe vencer sobre as armas, esas palabras que voan nos libros, nos poemas, que se transmiten polo diálogo e non polas armas. Cremos que é o Amor quen debe vencer ao egoísmo, a non-violencia debe vencer á violencia e a PAZ á guerra.

video



video

Sétimo traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares Galegas en prol da PAZ

1 comentario:

neves dixo...

Amiga Pilar: Días atrás sentei na casa, con algo máis de tempo, para visitar todo o que subiras ultimamente neste blog e relativo á precisada PAZ. Ó pouco, coma sempre, achégase a pequena e senta no meu colo. Entón aproveito para escoitar con ela unha canción, a do desaparecido Flores. Coas primeiras notas musicais do vídeo aprecio que comeza a vibrar. Seguimos e ata cantaba algúns versos. Deste xeito descubrín que era o tema que eles traballaran na escola (pois ela cóntanos pouco aínda). Ilusionámonos xuntas; dicía: este neno ten paz, tal outro non; e, ó remate: "xa se acabou a paz". Reflexionemos aquí. Nós seguiremos escoitándoa. Gracias!