3 de maio de 2008

Aquela FONTE

A raíz do concurso "das Boliqueiras" convocado pola MNL - no que participastes, aínda que con apuriños- falastes nas clases desta vosa fonte.

Cerca das Pontes (parroquia do Aparral) durante séculos falouse dun encanto que vagaba pola carballeira que houbo debaixo da fonte: sen ver mover ningunha póla, escoitábase un ruído repetido, como se as estivesen rompendo ou estalasen ramallos. Este ruído facía estrañar a cantos ían beber alí daquelas augas milagrosas (polo ferro para anemia, tuberculose). [Os enfermos que non podían subir andando contrataban os servizos das mozas das Pontes, a dez céntimos a botella, que traían en cestas mentres eles agardaban nas pousadas do lugar]

E agora non hai carballeira, xa sabes... a especulación...
Adicado tamén a Xairo e Daniel-1ºA, Emilio-2ºB, que tanto vos gustan as lendas!
Atopei, a través dos cables, o vídeo que quero poñervos como agasallo, desexando sorte aos bos traballos.

No último disco de LUAR NA LUBRE, Camiños da Fin da Terra, o tema nº 12 titúlase "A fonte das Boliqueiras" e soa así:


1 comentario:

olga dixo...

Precioso o tema de 'Luar na lubre', e máis aínda a lenda. Non a coñecía.

Saudiños