2 de maio de 2008

De Manuel RIVAS

Colle e garda o que escribiu para hoxe o noso estimado Manolo Rivas, sobre L I B R O S :
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Os/barcos/leite/os/libros/elpepuespgal/20080502elpgal_20/Tes

Que gozada!

2 comentarios:

O Segrel do Penedo dixo...

E tanto que imos coller e gardar este artigo, é máis, co voso permiso o enlazamos no noso blogue.
Grazas por facérnolo chegar.
Apertas dende Fene.

competenciadixital dixo...

Xenial artigo (como sempre) de M. Rivas, de principio a fin.

Para pensar: Cómpre ter unha concepción ecolóxica do futuro do libro e da propia literatura. Vai haber modificacións no soporte. Vanse a dar grandes adiantos técnicos que propicien a difusión electrónica e libros que condensen en pequeno espazo unha biblioteca. Mais o que non vai desaparecer é a idea de libro e moito menos a necesidade da invención literaria e do pensamento libre.

Outra cousa é que nos desacougue o índice de lectura que hai en Galicia e en España. Esa especie de valado de formigón estatístico que non hai maneira de traspasar, cun 50 % de persoas que aseguran non ler nin un libro ao ano nin ter o propósito de facelo. Aumenta a lectura na xente máis nova, mais ese dato optimista recae a partir da adolescencia.


Noraboa pola grande e boa actividade deste blogue.
Eduardo