25 de maio de 2008

A educación segundo Einstein

Fago un percorrido polos andeis dos libros,atráeme un, cólloo: Albert Einstein, Mi visión del mundo , Tusquets Editores. Abro unha páxina ó chou, léoa, sinto a necesidade de compartila.Aí vai... traducida ao galego:

Educación para unha independencia no pensar


Non é suficiente ensinar aos homes unha especialidade. Con iso convértense en algoasí como maquinas utilizables pero non en individuos válidos. Para ser un individuo válido o home debe sentir intensamente aquilo ao que pode aspirar. Ten que recibir un sentimento vivo do fermoso e do moralmente bo. En caso contrario parécese máis a un can adestrado ca a un ente harmonicamente desenvolto. Debe aprender a comprender as motivacións, ilusións e penas das xentes para adquirir unha actitude recta respecto aos individuos e á sociedade.

Estas cousas tan preciosas lógraas o contacto persoal entre a xeración xove e os que ensinan, e non - polo menos no fundamental- os libros de texto.Esto é o que representa a cultura ante todo. Isto é o que teño presente cando recomendo
Humanidades e non un coñecemento árido da Historia e da Filosofía.

Dar importancia excesiva e prematura ao sistema competitivo e á especialización en beneficio da utilidade, segrega ao espírito da vida cultural e mata o xerme do que depende a ciencia especializada.

Para que exista unha educación válida é necesario que se desenvolva o pensamento crítico e independente dos xoves, un desenvolvemento posto en perigo constantemente polo exceso de materias( sistema puntual). Este exceso conduce necesariamente á superficialidade e á falta de cultura verdadeira.

A ensinanza debe ser tal que poida recibirse coma o mellor regalo e non coma unha amarga obriga.

1 comentario:

neves dixo...

Deste xeito Einstein é considerado como tal,un grande na Historia.
Grazas por voltar, facendo medrar estes proxectos.-