25 de outubro de 2008

UN PRACER, AGUSTÍN !

Alegrounos saber que Agustín Fernández Paz é Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2008, pola súa obra :O único que queda é o amor

No noso Centro, Agustín é moi querido. O profesorado acudimos a el para espertar o gusto pola lectura e lemos en alto ,por exemplo:O caso do extraño empregado de Contos por palabras, para engaiolar.Recomendamos Aire Negro e ,nunca falla! ; despois xa buscan eles, e escoitas a algunha rapaza que está lendo Noite de voraces sombras, dicir:
-
Está xenial,Pilar !
E sorrís...
Achegaste a un grupo de alumnos na biblioteca e escoitas alguén que recomenda:
-Corredores de sombra, eu lino tres veces! E a outra :
-De Agustín, todo!
Chegas á casa reles o primeiro conto do libro premiado e de novo : sentes,identifícaste, entendes, entendeste e , pola noite contas aos tes fillos de novo Rapunzel.

Grazas mestre, por facilitarnos o encontro dos rapaces cos libros,grazas por facernos pasar momentos tan agradables.
Parabéns!

4 comentarios:

neves dixo...

Amiga, pasaches moi ben a verdade a palabras.
Sei que F.Paz e máis ti non só compartides unha vila!
Volvo sentir como un novo agasallo aquel exemplar asinado...

BEIZÓNS para Agustín e beizóns para Pilar.-

Anónimo dixo...

Bueno, oxalá veña ó centro gustáronme moitos os seus libros, Aire Negro e Corredores de Sombras son dous libros que me encantaron. Por iso quero que este ano veña Agustín ó colexio.

Anthorath

Daniela dixo...

A nosoutras, os libros de Agustín Fernandez Paz gustanos moito. Tanto Aire negro como Corredores de Sombra, ou calquer outro libro de A. F. Paz, son unhas historias xeniales. Esperamos que siga escribindo libros tan espectáculares como estes.
Daniela e Vanesa

andrea2ysalome dixo...

ANDREA.C: pois penso que o que puxo Pilar sobre Noite de Voraces Sombras vai por min, e a verdade e que llo digo todos os dias que a vexo e que me encantaaaaa!!agora deixolle as miñas compañeiras
ANDREA.F:a min os libros de Agustín gústanme moito pero, os que máis me gustaron foron "Corredores de Sombra" e "Aire Negro". e agora tócalle a Salomé.
SALOMÉ:ola a todos e moitos saudos, ben e so lín un libro de Agustin F. Paz pero gustoume moito e teño ganas de ler moitos mais porque mos recomenda moita xente.

Agora despedimonos as 3 mandandovos un saudo a todos e recomendandovos a Agustin F. Paz.