PARABÉNS ROSA !
Rosa Aneiros gañou o Premio Xerais de novela e máis o de Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil coas súas obras Sol de inverno e Ás de bolboreta.
Este venres tivemos a sorte de escoitala na Xornada dos Clubs de Lectura engaiolounos e deixounos propostas moi interesantes .Queremos compartir dende este espazo algunhas das súas interesantes aportacións
Falounos de que os escritores aprenden moito nos clubs de lectura escoitando os rapaces porque son os lectores da obra os que indican o que a obra comunica realmente.Cada persoa le no libro o que quere ler en función dos seus prexuízos, das súas lecturas e da súa propia vida.
Repetiu moitas veces que había que respectar as súas opinións tratando de sacar o mellor que teñen, que todos tiñann algo importante que dicir, que non todo o mundo participaba da mesma maneira, pero que se debe intentar que todos participen e detectar as persoas que están máis caladas e buscar a maneira de que aporten ao grupo o que pensan que seguro que será do máis interesante. Aconsellounos que nos clubs fósemos permeables ás súas necesidades,oílos, se non funcionaba un libro tratar de saber por que ,que mesturásemos rapaces de distintas idades... pura pedagoxía que tamén serve para a nosa praáctica como docentes....
Aportounos moitas estratexias para aplicar co alumnado.
Dividilos en grupos e que cada grupo defenda un final
Buscar unha banda sonora para a obra ue se escoitaron na obra sobre todo nas novelas de terror
Que aromas? Que comidas aparecen na novela ? Celebrar un encontro gastronómico
Traballar con fotografía : Que portada lle poñerías á novela?
Roteiros polos lugares por onde transcorre aa novela.
Empregar a banda deseñada o teatro ou o vídeo para representar un capítulo.
Escribir un correo ao autor ou autora ou aos personaxes.
Lembrounos o importante que era axudar aos lectores a fixarse en como está construída : Porque está en primeira persoa ? Por que en segunda? Porque hai dialogos? Por que predominan os verbos? Como se constrúe o terror ? Todos temos alumnado ao que lle gusta non só ler senón tamén escribir. Deben poñerse no papel do escritor ,como xogan os escritores coas expectativas dos lectores?
Quero rematar cunha frase moi fermosa e que comparto con ela:
Hai milleiros de libros para cada persoa e hai que dar con eses libros
OBRIGADA
1 comentario:
Que tranquilidade volver atopar as túas letras, que é como escoitarte!
Foi sorte que xa poideras viaxar a Santiago: sabía de certo que alí estarías.
SAÚDE.-
Publicar un comentario