30 de outubro de 2009

CÓMO PREVIR O FRACASO ESCOLAR


O mércores no suplemento prensa-escuela apareceu o artigo Una vacuna contra el fracaso escolar de Ana t. Jack .Neste articulo deféndese unha vez máis que a melllor maneira de previr o fracaso escolar é fomentando hábitos de lectura.
La lectura nunca pasa de moda.Y es que saber leer continúa siendo una de las habilidades más importantes que los estudiantes deben dominar, ya que la mayor parte de la información que reciben es de forma escrita.Lo de menos es el soporte en el que llega

Leer significa, sobre todo , organizar , analizar, sintetizar y comprender ideas y conocimientos

La mejor forma de vacunar a tu hijo contra el fracaso escolar es fomentar los hábitos de lectura.




Aínda que compartimos coa autora do artigo a idea de que o papel dos pais é fundamental.Consideramos tamén que nós como profesorado de centros públicos temos a obriga de fomentar no noso alumnado o hábito lector . A escola pública debe compensar as desigualdades sociais.

De Guadalupe Jover sacamos estas interesantes propostas para fomentar o hábito lector:

-Levar libros a clase, ler fragmentos inesperados, suxerir títulos diversos. É imprescindible contaxiar entusiasmo ( e para iso os adultos debemos tamén falar con paixón dos libros que nos emocionaron, dos que aínda nos emocionan) e aproveitar o coñecemento que imos tendo dos gustos e intereses de cada alumno e alumna, da súa competencia lectora,para recomendarlles uns títulos ou outros.

-Invitar a outros membros da comunidade educativa a que fagan o mesmo. Que comenten uns e outros os libros que len, aqueles. Parece probado que entre os índices de motivación lectora é esencial a figura do mediador entre libros e lectores.

-Ofrecer ocasións nas aulas para que os estudiantes falen de libros.

-Promover o contacto coas bibliotecas públicas e municipales.
Guadalupe Jover, Un mundo por leer

De Guadalupe Jover tamén como nos lembrou Ángeles esta interesante reflexión sobre o por que ler?

Ler para saber quén somos.

Ler para saber qué queremos ser


2 comentarios:

neves dixo...

Pois tamén collín o xornal.
Lin en alta voz o titular na mesa de profes; pásollo a unha compañeira. Chamaban as palabras "vacuna" -oportuna nestes tempos- e fracaso, aínda que... seguimos crendo que xa o sabemos todo.
Si, TODO UN MUNDO POR LER!

Fina Blanco Antelo dixo...

Está moi claro que moito queda que andar neste maraviloso mundo dos libros. Pero quero pensar que se partimos da idea de que cada día aprendemos "todos" un pouquiño, os nosos nenos e nenas serán o mellor que nos poda ter pasado. Grazas por ser como sodes.