28 de outubro de 2009

UTOPÍA

La utopía está en el horizonte.

Camino dos pasos, ella se aleja dos pasos y el horizonte se corre diez pasos más allá.

¿Entonces para que sirve la utopía?

Para eso, sirve para caminar.

Eduardo Galeano


Hai anos que nós tamén tivemos un soño e comezamos a traballar para mellorar
a nosa biblioteca escolar. Avanzamos moito pero aínda queda un longo camiño. Na viaxe imos aprendendo e mellorando.

Esta fin de semana cinco profesoras do Centro asistimos ás Xornadas das Bibliotecas escolares .As compañeiras de o Segrel do penedo publicaron unha reportaxe moi completa do que foron estas xornadas,visitade o seu blog.
Do aprendido alí iremos dando conta ao longo do curso porque permitiranos
revisar o que facemos para melloralo.A biblioteca escolar é un recurso moi importante dentro da escola.Traballaremos para dalo a coñecer.

Si, nós tamén o cremos a biblioteca escolar pode axudar a construír un mundo mellor

4 comentarios:

Ángeles. dixo...

Que bonitas palabras para comenzar este curso!. Todos debemos ir dando pasos para poñer a Biblioteca escolar ao servicio do aprendizaxe por investigación e a o servicio do fomento da lectura, (como dicía Gloria Durban nas xornadas)
E "Ler para saber quén somos" e "Ler para saber quén queremos ser" (Guadalupe Jover)

neves dixo...

Tan boa síntese será a expresión de que este ideal convertirase en realizable, engadindo cada día outras dúas mans.
Beizóns.-

Pilar dixo...

Ángeles gracias por recordar o esencial non se podía resumir mellor aí están os nosos obxectivos.Neves, gracias por estar aí é imprescindible o teu apoio
Pilar

O Segrel do Penedo dixo...

Nós tamén nos quedamos con Guadalupe Jover "Ler para saber quen somos"; "Ler para saber quen queremos ser". Podése acaso expresar mellor?
Grazas pola referencia a O Segrel, para nós é un pracer aparecer no voso fantástico blog.
Apertas de mel dende Fene