2 de abril de 2013

2 DE ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

MENSAXE DO DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Dende 1967, coincidindo co aniversario do nacemento de Hans Christian Andersen, celébrase o Día internacional do Libro Infantil e Xuvenil para promocionar os libros e a lectura.


Lemos xuntos, ti e eu.
Vemos que as letras forman palabras
e as palabras convértense en libros
que estreitamos nas nosas mans.
Oímos murmurios
e ríos buliciosos nas súas páxinas,
osos que cantan
graciosas melodías á lúa.
Entramos en misteriosos castelos
e das nosas mans soben ata as nubes
árbores florecidas. Vemos nenas valentes que voan
e nenos que atrapan as estrelas.
Lemos xuntos. Ti e eu, dando voltas e voltas,
percorrendo o mundo coa alegría nos libros.

Poema de Pat Mora
Traducción: Concha Blanco



Ningún comentario: