Pasou o día, pero... o amor non pasa!
Despois de cartas, poemas, rosas,... collemos o último título do noso escritor máis cercano, A. Fernández Paz. Si, xa o temos; é que a nosa encargada de Biblioteca está sempre á última.
Non perdades este libro que esconde dez historias de amor -tema que gusta a moitos de vós-, pois seguro que con algunha ides soñar tamén.
Vívense un amor en silencio no marco dunha libraría, algún romance de verán, un conto dunha forza máis alá do real e ata un lúcido can transmite os sentimentos do seu amo amigo.
Ah! Aproveita tamén as súas poesías.
Ningún comentario:
Publicar un comentario