Entro na biblioteca por última vez neste curso. Coloco os últimos exemplares e revistas .Quero pechar tamén o blog despois dunhas semanas de papeleo : memorias, actas, informes... É difícil para min pechar o blog este curso porque teño que despedir a NEVES , alma do blog e da biblioteca, a compañeira que sempre colaborou desinteresadamente, que compartía os meus soños . A ela adico o seguinte vídeo .
2 comentarios:
"Foi coma un soño..." á vez que un pesar.
Sempre agradecida pola túa consideración. GRAZAS mil por estas escenas de novo.-
LEVO MOITO DE TI!
A verdade é que o que pos, Pilar, é de xustiza con esta gran compañeira que nos deixa físicamente pero que non imos deixar que se vaia de sentimento . Ti coñeces de máis preto a súa laboura constante e paseniña pero coido que no resto, e falo por min, tamén queda a súa pegada. Imos botarte de menos Neves pero tamén sei que debo felicitarte polo cambio xa que é o que ti buscabas. Un biquiño para as dúas e pasade un bo verán que ben o merecedes.
Publicar un comentario