29 de xuño de 2007
Está de medo.....!
25 de xuño de 2007
OS BOLECHAS nas Pontes

- Non pode ser! Viñeron todos a visitarnos?
- E logo! Non paran de viaxar. Querían coñecernos mellor e pasaron con nós os días da Festa.
- É certo, e participaron en moitas actividades: tiro con arco, escalada, canoa.
- Claro! Contan que coñeceron a Felipe, pero ó final enfadáronse porque era campión de “todo”: cunha cabana como un pazo, con arco olímpico, o mellor equipo de escalada, con piragua olímpica.
Le o que lle pasou na partida de parchís!
- Oh!!
- Gústanche as fotos que fixeron?


23 de xuño de 2007
XOVES E LECTURA
Recomendamos a pais e sobre todo profesores a lectura completa dos artículos .
O profesorado ten un papel moi importante no fomento da lectura e non debe desertar desa obriga e confiala só aos pais e nais.A escola pública debe procurar que o alumnado teña as mesmas oportunidades independentemente do medio do que proceda .Por iso convencidos como estamos da importancia da lectura debemos procurar que as nosa prácticas nas aulas tendan a fomenta.Recollín algunhas pautas que nos poden servir para reflexionar e mellorar a nosa docencia co respecto á lectura.
Hai que aprender a respectalos e comprendelos,Pedro Cerillo
Pertencen á xeración das novas tecnoloxías .Poden servirnos de guías neste novo mundo,Antonio Basanta.
Hai que buscar fórmulas para que a adolescencia e os xoves aprendan a compaxinar a lectura co mundo do ciberespacio,amigos deportes e outras formas de ocio que ben entendido é sempre fructífero.
Ter claro que non se trata de competir con inernet e outras actividades de lecer que despertan o interese dos adolescentes e xoves.O que hai que buscar e que aprendan a compaxinalas todas.
Non hai que ter medo a internet alí tamen se crean lectores
A interacción entre o libro físico e inernet está dando excelentes resultados. Os libros ofrecen a posibilidade de crear webs, foros eou blogs onde os xoves participan activamente.
É fundamental non impoñer a lectura.Propoñela como invitación e nunca como obriga ou castigo.Os libros obrigatorios acostuman ser prexudiciais para descubrir o gusto pola lectura.
Deixar que sexan eles mesmos os que elixan os seus libros.
Suxerir lecturas dende o convencimento e dadando exemplo.
As lecturas compartidas son bos pretextos para establecer contacto e dialogo con eles.
Crear espacios físicos e temporais .
.
Non empeñarse en que lean aos clásicos.
Non hai que evitar a literatura comercial.Non debe haber lecturas excluintes.
Ler non só significa ler narrativa; é tamén acercarse ás enciclopedias,os xornais,ás revistas, aos textos de internet ou ao cómic.
É un erro querer homologar os criterios, intereses e gustos literarios dos adultos cos dos fillos ou xoves en xeral.
21 de xuño de 2007
XUVENIL: A. Fernández Paz.
Unha moza, Clara, recorda un especial verán da súa adolescencia, a partir dun diario seu daquel tempo. Arredor do principal suceso, un esqueleto na parede en obras, vivimos o desexo de Clara de saber da súa historia, de coñecer a verdade.
Todo isto vai acompañado do relato, moi ben estructurado, das circunstancias do momento: a vida nun pazo, o rexeitamento do seu ambiente burgués, as diferencias cos seus pais, Miguel - o seu primeiro mozo- e a complicidade co tío Carlos, a dor nos tempos da represión.
Se non o tés lido, esperamos que caia nas túas mans e che sorprenda!!!
19 de xuño de 2007
MUNDO INFANTIL

Quen é Cocorico?
Un pitiño ten que librarse de Gato Pelado e ofrécenlle biscoito da súa mamá; como tamén é moi larpeiro -"picotí, picotá...!"- debe agacharse por tres veces: "Marramiau...!". Salvarase, ou...?
Precioso conto da tradición birmana, con moi bonitas ilustracións e favorito dos pequenos lectores.
Recomendámolo a nais e pais, ós irmáns maiores, para disfrutar xunto a nenos e nenas de tres anos, de catro e cinco anos, os que máis visitaron a nosa Biblioteca. Parabéns!!
16 de xuño de 2007
TEMOS OS MELLORES!
A princesa do Courel, de Patacrúa, na editorial OQO.
A sombra descalza, de An Alfaya, en edicións Xerais.
Smara, de Paula Carballeira, na editorial Kalandraka.
Achégate a coller algún deles, pois hainos na túa Biblioteca!!
FEIRA DO LIBRO-FERROL 2007
14 de xuño de 2007
Bob Dylan, premiado onte en Oviedo
Robert Allen Zimmerman, nacido en Duluth (Minnesota, Estados Unidos) en 1941, foi pioneiro na introdución da literatura na música popular e en fusionar os ritmos de orixe europea e os afroamericanos, o que supuxo unha revolución de influencia decisiva para as xeracións de músicos posteriores. En 1961 lanzou o seu primeiro disco, do que vendeu dous millóns de copias, e o seu segundo traballo incluía Blowin'in the Wind, convertido nun himno dos movementos pacifistas e prol dereitos civís en Estados Unidos.
Según o promotor musical Gai Mercador, será complicado que o cantautor participe na cerimonia de entrega dos Premios Príncipe, dado que non lle gustan excesivamente as cámaras. Xustificou as súas dúbidas no caracter «esquivo» do artista ante a presenza dos fotógrafos.
Para coñecer máis:
http://www.fundacionprincipedeasturias.org/esp/04/premiados/trayectorias/trayectoria823.html
12 de xuño de 2007
O PRINCIPIÑO
"É ben máis difícil xulgarse un a si mesmo que xulgar aos demais. Se consegues xulgarte ben, é que es un verdadeiro sabio."
"Soamente se lle pode pedir a un o que un pode dar -continuou o rei-. A autoridade descansa, sobre todo, na razón."
"Todas as persoas foron nenos antes.(Pero poucos se lembran)"
"Somente se ve ben co corazón. O esencial é invisible para os ollos."
É o tempo que perdiches con ela o que fai a túa rosa tan importante."
"O que fai máis fermoso ao deserto é que esconde un pozo en calquera parte..."
Antoine de Saint-Exupéry, O Principiño, Galaxia
"Il faut exiger de chacun ce que chacun peut donner."
"Toutes les grandes personnes ont dábord été des enfants, mais peu d´entre elles s'en souviennt ."
"Ce qui embellit le désert, c'est qu'il cache un puits quelque part... "
"C'est tellement mystérieux, le pays des larmes. "
"Les hommes n'ont plus le temps de rien connaître. "
"On risque de pleurer un peu si l'ón s'ést laissé apprivoiser."