16 de xuño de 2007

TEMOS OS MELLORES!

A Biblioteca Internacional da Mocidade de Munic (Alemaña) vén de incluír na súa selección de libros que salientan pola súa calidade literaria e valores, correspondente ao ano 2007, tres títulos escritos orixinalmente en galego para os máis novos:

A princesa do Courel, de Patacrúa, na editorial OQO.
A sombra descalza, de An Alfaya, en edicións Xerais.
Smara, de Paula Carballeira, na editorial Kalandraka.

Achégate a coller algún deles, pois hainos na túa Biblioteca!!

2 comentarios:

Anónimo dixo...

É a primeira vez que entro neste blog,e a verdade,está moi ben.
Encantame os libros que hai na biblioteca,concretamente,gustame o que estou a ler agora "Soidades de Ana".Recomendoo.

Pasareime pola bibloteca para ler algun dos libros citados arriba!

Anónimo dixo...

Moitos dos libros da biblioteca estan moi ben, si. Eu lin bastantes e gustaronme todos.
E como Bea, pasareime pola biblioteca para ler alguns dos libros citados!
Esta moi ben o blog!