12 de xuño de 2007

O PRINCIPIÑO

Neste curso 2006-2007 nunha aula de 4º, Daniel, Tania, Vanesa e Pilar compartimos a lectura en voz alta de O PRINCIPIÑO. E Tivemos a sorte de que a profesora de francés,María nos lese un capítulo en francés e nos regalase un poster con citas dese libro. Nós temos un mural na clase coas frases que máis nos gustaron como está rematando o curso queríamos compartilas cos demais.

"É ben máis difícil xulgarse un a si mesmo que xulgar aos demais. Se consegues xulgarte ben, é que es un verdadeiro sabio."

"Soamente se lle pode pedir a un o que un pode dar -continuou o rei-. A autoridade descansa, sobre todo, na razón."

"Todas as persoas foron nenos antes.(Pero poucos se lembran)"

"Somente se ve ben co corazón. O esencial é invisible para os ollos."

É o tempo que perdiches con ela o que fai a túa rosa tan importante."
"O que fai máis fermoso ao deserto é que esconde un pozo en calquera parte..."

Antoine de Saint-Exupéry, O Principiño, Galaxia

"Il faut exiger de chacun ce que chacun peut donner."

"Toutes les grandes personnes ont dábord été des enfants, mais peu d´entre elles s'en souviennt ."

"Ce qui embellit le désert, c'est qu'il cache un puits quelque part... "

"C'est tellement mystérieux, le pays des larmes. "

"Les hommes n'ont plus le temps de rien connaître. "

"On risque de pleurer un peu si l'ón s'ést laissé apprivoiser."
Antoine de Saint-Exupéry, Le Petit Prince, GALLIMARD

3 comentarios:

Alba 3ºB dixo...

Gústanme moito as frases, sobre todo a de que todas as persoas foron nenos antes, pero poucos se lembran. E a de que soamente vemos ben co corazón, pero as cousas esenciales son invisibles para os ollos. É a primeira vez que veño por aquí, está moi ben, pena que se fixera tan tarde, ao remate do curso.

Alejandra 3ºa dixo...

LIn O principiño fai uns anos e non o entendín, este ano volvino a atopar na estanteria e propúxenme lelo outra vez, agora que xa temos tempo, durante o veran volvereino a ler e as frases ainda me deron mais ganas de volver a collelo e dsfrutar del

neves dixo...

Saint-Exupéry, un grande pensador.
Recuperei este tesouro por circunstancias deste curso, e gustaríame que o tiveramos sempre a man pois esquencemos a esencia, a verdade, a infancia. Agora quixera lelo na súa versión orixinal. Imos!