14 de xuño de 2007

Bob Dylan, premiado onte en Oviedo


O músico estadounidense Bob Dylan foi galardoado onte en Oviedo co Premio Príncipe de Asturias das Artes 2007 por ser un mito vivinte da historia da música popular, e faro dunha xeración que tivo o soño de cambiar o mundo. O músico, cuxo verdadeiro nome é Robert Allen Zimmerman, conxuga «a canción e a poesía nunha obra que crea escola e determina a educación sentimental de moitos millóns de persoas».


Robert Allen Zimmerman, nacido en Duluth (Minnesota, Estados Unidos) en 1941, foi pioneiro na introdución da literatura na música popular e en fusionar os ritmos de orixe europea e os afroamericanos, o que supuxo unha revolución de influencia decisiva para as xeracións de músicos posteriores. En 1961 lanzou o seu primeiro disco, do que vendeu dous millóns de copias, e o seu segundo traballo incluía Blowin'in the Wind, convertido nun himno dos movementos pacifistas e prol dereitos civís en Estados Unidos.

Según o promotor musical Gai Mercador, será complicado que o cantautor participe na cerimonia de entrega dos Premios Príncipe, dado que non lle gustan excesivamente as cámaras. Xustificou as súas dúbidas no caracter «esquivo» do artista ante a presenza dos fotógrafos.

Para coñecer máis:

http://www.fundacionprincipedeasturias.org/esp/04/premiados/trayectorias/trayectoria823.html

2 comentarios:

Alejandra dixo...

Oín a noticia tanto na radio como na tele, e tamén o comentou meu pai na casa. Estou acostumada a oílo sobre tdo gracias a meu pai, e ademais dentro de pouco van facer unha pelicula da súa vida, onde Kate Blanchett fara de Bob Dylan, o que non sei é cndo a estrean aquí. Moi boa idea a do blog.Saúdos a Olga

olga dixo...

Dylan non foi un gran asiduo de leccións nin clases, senón máis ben autodidacta; seguía a corrente da música folk nunha época na que triunfaba o rock, e era un apaixonado dos libros: lía moitísima poesía e escoitaba atentamente discursos sobre a paz, os dereitos dos traballadores, o ensino dunha nova moral... Esta afección pola lectura aparece reflectida nas súas letras, moi significativas.
Autor de numerosos exemplos das chamadas 'cancións protesta', foi sen dúbida un referente destacado da música pop rock dos 60 e os 70 entre os mozos.

Saúdos, Alejandra, a ver se aos poucos damos vida ao blog; alegroume moito a túa participación. Gústame saber que gracias ao teu pai coñeces a Dylan, xa que a música que escoitan o nosos pais axúdanos a ampliar e enriquecer a nosa cultura musical e a formar os nosos gustos propios.

De cando en vez intercalaré noticias musicais entre as novidades literarias. Podedes animarvos a facer vós o mesmo!