18 de febreiro de 2008

KAFKA y la muñeca viajera




Esta deliciosa viaxe que nos relata Jordi Sierra i Fabra é un libro moi recomendado e demandado por moitos dos nosos alumnos e alumnas. Lévanos xunto ó xenial Franz Kafka e a seguir un camiño de imaxinación(acompañado de delicadas ilustracións), onde unha nena e a súa querida boneca fannos comezar un soño, compartir fantasías, manter ilusións e rematar cun sorriso. Con inocencia, seguiremos a buscar esa "boneca" perdida, sen desesperar.

Un agasallo neste longo rumbo!

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Neves, encantoume este libro.Cando rematei de lelo quedeime abrazada a el,abstraída e feliz,grazas por falarme desta xoia.Cantas sensacións agradables nos deixa un bo libro!

Pilar

Anónimo dixo...

É un libro moi bonito,emocionante; encántanme as cartas que lle envia á nena.
Recoméndovolo porque é moi sentimental o escritor Kafka.

Ana- 2ºB