Manuel, un mestre xubilado, tiña centos e centos de libros que, cando abría, convertía en bolboretas. A súa filla era médica e marchara a África a traballar, e a súa compañeira morrera. Manuel estaba só; sobráballe tempo e non sabía que facer con el, o que o poñía moi nervioso. Un día decidiu fabricar a felicidade e preparou un cartel que logo puxo na súa porta, e dicía: “¿Quen me quere adoptar? Busco familia con nenos.”
FINA CASALDERREY éncheo de bos valores...
Ningún comentario:
Publicar un comentario