17 de marzo de 2008

COBERTOR de ESTRELAS

Escrito baixo a óptica dun menino da rúa que quere aprender a escribir, e que ten a ilusión de que así pode saír do mundo da pobreza e da violencia no que se atopa.
Trata de maneira literaria os problemas vividos polos nenos abandonados que viven nas rúas brasileiras, miúdos que perderon os vínculos familiares e que pasan a infancia con outros nenos, durmindo na rúa, brincando e roubando e tentando defenderse de todo tipo de violencia.
É unha novela de aprendizaxe, na que fronte a esta noite adversa, RICARDO LÍSIAS interpón a solidariedade dalgúns e, sobre todo, a grande capacidade humana do protagonista para, cos seus xogos e soños, buscar a forma liberadora da cultura, do traballo e do amor.
Son complemento imprescindíbel toda a serie de fermosas ilustracións que o acompañan, da artista galega Itziar Ezquieta.

" Mentres exista, por efecto das leis e os costumes, unha condena social que produza infernos artificiais no seo da civilización e desvirtúe cunha fatalidade humana o destino, que é completamente divino; mentres os tres problemas do século -degradación do home pola proletarización, perdición da muller pola fame, atrofia dos nenos polas tebras- non estean resoltos; mentres, en certos países, a asfixia social sexa algo posíbel; ou, noutros termos, e baixo un aspecto máis amplo, mentres haxa na terra ignorancia e miseria, certamente, libros coma este non serán inútiles".-Víctor Hugo,1862.

Ningún comentario: