XABIER PUENTE DOCAMPO
O espertar do amor primeiro, a emoción do primeiro bico: este suxerinte xogo de ter unha bolboreta na boca; en principio pracer solitario e axiña compartido coa persoa elixida polo protagonista, encargado de relatar a súa experiencia. Atrapar a beleza dunha bolboreta, pechar os ollos e lembrar as súas cores, sentir bater as súas ás, todo un mundo de sensacións até chegar a un pracer azul que nunca se poderá esquecer porque forma parte da realización dun soño.
Unha delicia en perfecto equilibrio coas imaxes!
- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
Espazo en branco polo que se moven gotas de cores, as cores do amor.
Espazo en branco polo que se moven gotas de cores, as cores do amor.
Unha gota soa non é nada, e outra soa tampouco, ata que un día se atopan empuxadas por esa forza e abrázanse. Todas precisan de alguén...
Páxina aberta para a imaxinación e a fantasía!!
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
Recorda este novo libro de poemas: O QUE BEN CHE QUER de X.M. Álvarez Blázquez.- OQO Editora.
Le sobre Xabier P.Docampo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario