O coelliño branco un día foi buscar coles á horta para facer un caldiño.
De volta na casa, atopou a porta pechada.
-¡Eu son a cabra "cabrexa", e como non marches... sáltoche enriba da cabeza!
ANDANDO, ANDANDO, o coelliño atopou un boi e pediulle axuda.
-¿Queres vir comigo? Na miña casa está a cabra "cabruna" que me salta encima e me "espaturra".
-Eu non, eu non vou que teño medo.
Andando, andando, atopou un can.
-Na miña casa está a cabra "cabraza", que me salta enriba e me "esmagaza". ¿Queres vir comigo?
-Eu non vou que teño medo.
Andando, andando...atopou un galo.
-Na miña casa está a cabra "cabralla", que me salta encima e me "escangalla". ¿Queres vir comigo?
-Eu non vou que teño medo.
Andando, andando...atopou unha formiga.
-Na miña casa está a cabra "cabruxa", que me salta enriba e me "esbabuxa".
-Eu non lle teño medo a unha cabra "caprina". ¡Vou contigo!
E os dous volveron á casa do coelliño e petaron na porta.
-Eu son a formiga "rabiga", que como non abras, fúroche a barriga!
-Ja, ja, ja, ja,...
A formiga "rabiga" entrou polo burato da porta.
- Ñam, ñam...
-Eu son a cabra "cabresa" e a esta casa non volvo porque non me interesa!
Coas coles fixeron un caldiño, comérono e a min non me deron porque non quixeron.
Conto popular con moitas versións e en varias linguas, que coñecen todos os nenos e as nenas e non o esquecen.

Ningún comentario:
Publicar un comentario