As familias contan, e moito, no labor de formación dos novos lectores. Entre os materiais do programa de fomento da lectura en centros escolares, HORA DE LER, distribuídos pola Consellería de Educación, pódense atopar uns caderniños deseñados específicamente para traballar xunto coas familias na creación e consolidación de hábitos de lectura desde as primeiras idades. Tódalas carpetas destinadas ás nenas e nenos de educación infantil, baixo o lema ¡CONTAMOS MOITO! incluían, ademais dos materiais para os pequenos lectores, 7 folletos sobre a lectura e unha proposta destinada ao profesorado para a súa utilización.
¿Quen le?
¿Cando ler?
¿Que ler?
¿A quen ler?
¿Como ler?
¿Onde ler?
¿Por que ler?
Contan moito neste conto... vía Hora de ler de Asesoría Bibliotecas Escolares el 26/03/08
Ningún comentario:
Publicar un comentario